A asociación ADIANTE, abre o prazo de inscrición para tódalas nais e pais do concello de As Pontes para o seu programa de:
“MELLORAR A COMUNICACIÓN FAMILIAR: un instrumento de prevención, negociación e resolución de conflitos.”
O inicio deste programa terá lugar para a segunda quincena de outubro e a súa duración ata o mes de xuño, realizándose unha sesión por mes.
As persoas interesadas poden realizar inscrición a través do correo [email protected], no teléfono 638 471 793, a través de whatsApp no mesmo número e no local da asociación sito na R/Balsa 28 baixo esq. de As Pontes, indicando:
a) Nome a apelidos.
b) Número de teléfono.