As Pontes, 7 de decembro| O TEU LIXO TEN PREMIO! 1000 € en vales por empregar o Punto Limpo Municipal. Desde o 1 de decembro e ata o 17 de marzo o Concello de As Pontes promociona con esta campaña o Punto Limpo ubicado no Polígono dos Airíos.

A finalidade é a de aumentar os residuos depositados no Punto Limpo, polo que se repartirán rifas á veciñanza que deposite material nas súas instalacións, entrando nun sorteo de 20 vales canxeables no comercio e a hostalería locais, valorados en 50 euros cada un (1.000 euros en premios).

O presente sorteo encádrase dentro da campaña de concienciación e sensibilización medioambiental Rqu3R (erre que erre), promovida pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de As Pontes

Podes consultar aquí  as bases do sorteo: VER BASES