As Pontes, 5 de xullo| O Concello de As Pontes celebraba esta mañá unha sesión ordinaria do pleno na que se ratificaban os decretos relativos á aprobación de diferentes modificacións en obras, e á adhesión ao convenio co Federación galega de Municipios e provinciase a Axencia tributaria de Galicia, para a cesión de información de carácter tributario.
Tamén se ratificaba, igualmente por unanimidade, a declaración de loito oficial no municipio de tres días no pasado mes de xuño, logo da morte de Ignacio Echeverría.
Quedaron igualmente aprobados os festivos locais para o ano que ven. Non hai ningunha variación, e no 2018 volverán ter a condición de festivos locais o luns de entroido e o luns do Carme.
No único punto onde o grupo de Goberno non atopaba o apoio da oposición na aprobación dun recoñecemento extraxudicial decreto, no que se abstivo Xuntos por As Pontes e votou en contra o BNG.
AO tratarse dunha sesión ordinaria houbo un longo tempo para rogos e preguntas do máis diversos, dende actuacións de mantemento no rural, a negociacións polo transporte público, distribución de contedores, ou acceso e condicións das mascotas a zonas públicas de esparcemento.
No capítulo das mocións aprobáronse as dúas presentadas, e por unanimidade. A instancias da agrupación Xuntos por As Pontes aprobábase a participación na campaña “En negro contra a violencia”. Dende o equipo de Goberno comprometíanse a informar e buscar a colaboura de entidades locais e comercio. “Contaremos co tecido comercial como xa o viñemos facendo na nosa propia campaña con carácter local, que se extendeu por un mes, e igualmente buscaremos a implicación das asociacións. Sabemos que a resposta será positiva, porque así ven sendo nas multiples actividades neste senso que desenvolvemos regularmente, como Concello decididamente entregado á promoción da igualdade“, manifestaba a tenente de alcalde Montserrat García, que presidíu a sesión.
A outra moción aprobada fai referencia a un troco na nomenclatura. A Rúa Juan Antonio Suances pasará a denominarse Oito de marzo, a proposta do Grupo Municipal do BNG.
Aínda que dende as bancadas socialistas se votou a favor, obedecendo á Lei de Memoria histórica, si puntualizaba Montserrat García, ” Informaremos dun xeito preciso aos veciños aos que lamentamos as molestias que se lles van ocasionar. Valoramos moito antes de decidir apoiar esta iniciativa, porque o nomeamento desta rúa non foi pola traxectoria política deste home, senón pola repercusión que tivo nesta vila a súa intervención a prol da industrialización, dende o seu posto de director do INI“.