O Concello das Pontes publica hoxe a resolución provisional das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos-fillas para o curso 2022-23.

Os listados poden consultarse na paxina web do concello e no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios de servizos sociais.

As persoas solicitantes teñen un prazo de 10 días hábiles (ata o 18 de agosto), contados a partir do día seguinte da publicación das listaxes na web e no taboleiro do Concello, para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno no rexistro do concello ou por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello das Pontes de García Rodríguez.

 

Listaxe provisional A

Listaxe provisional B

Listaxe provisional C