As Pontes, 17 de setembro de 2024. O Concello das Pontes publica hoxe a resolución definitva das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos-fillas para o curso 2024-2025. Os listados poden consultarse na paxina web do concello e no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios de servizos sociais.
Segundo as bases reguladoras específicas da axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as para o curso 2024/2025, trala resolución de concesión da axuda económica, as contías serán aboadas ás persoas solicitantes propostas como beneficiarias, mediante a entrega dun vale indivisible e canxeable por material escolar.
Deste xeito, dita persoa deberá acudir ás oficinas de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) a partires do 18 de setembro, en horario de 8:30 a 14:00 h para retirar o vale da axuda concedida. Terá que recoller o vale, presentado o seu DNI, a persoa que solicitou a axuda e que aparece neste listaxe. No caso de que non poda acudir persoalmente dita persoa, deberá facer unha autorización a favor de outra persoa, que acudiría coa autorización e cos DNI/NIE da persoa que autoriza e da persoa autorizada.
Este vale poderá ser canxeado polo material escolar polo importe que figura no documento, antes do 30 de novembro de 2024, nos establecementos e entidades colaboradoras que teñan asinado convenio de colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez.
RESOLUCIÓN: VER

























