As Pontes, 21 de novembro| Representantes das asociacións veciñais de As Pontes, acompañados da tenente de alcalde, Montserrat García, visitaban esta mañá o Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela.

Unha visita programada polo Concello de As Pontes na que puideron coñecer o funcionamento da Cámara autonómica, coñecendo o edificio e as instalacións.

Na xornada de hoxe tiña lugar tamén unha xornada plenaria no Parlamento, polo que os veciños puideron asistir como público ao salón plenario.

Ao mediodía, ao redor das 14:30h chegaban de regreso a As Pontes, de novo co Concello como destino.

Representantes das asociacións veciñais de As Pontes visitan o Parlamento de Galicia