As Pontes, 29 de maio de 2024. Esta semana déronse por concluídas as obras de mellora dos camiños rurais en Terbá e Pena do Curro, un proxecto cun orzamento de 55.981 euros con cargo aos Fondos AGADER.

Ambas actuacións tiveron como obxectivo mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación deste camiños  a través da rehabilitación dos mesmos para dotalos dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural para aumentar a comodidade e seguridade que esixe este tipo de viarios.

Entre os traballos realizados incluíuse o varrido de superficie e limpeza de marxes así como a  limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invadía os viarios. Reparáronse as fochancas e zonas afundidas existentes mediante a achega de pedra e unha rega asfáltico, saturado e compactado.

Así mesmo, as zonas lixeiramente deformadas regularizáronse mediante formigón bituminoso. Ademais, procedeuse ao fresado do firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

O afirmado realizouse mediante a extensión e compactación dunha nova capa de rodaxe formada por 5 centímetros de formigón bituminoso. As obras remataron coa reposición da sinalización horizontal e vertical correspondente segundo a lexislación vixente.