As Pontes, 18 de agosto de 2022. O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado pola concelleira de Industria e Emprego, Ana Pena, visitou esta mañá as instalacións, no polígono dos Airíos das empresa Ingeniería PSI, anteriormente asentada no concello de Vilalba.

O rexedor local amosou a súa satisfacción polo asentamento desta empresa, fundada por un enxeñeiro pontés fai máis de 20 anos, no municipio xa que “contribúe a reforzar a posición das Pontes como un dos principais asentamentos industriais da comarca e ao mesmo tempo permite recuperar un talento local, altamente cualificado, como fai case unha década o fixo ImasD Consult, empresa de enxeñería civil dedicada ao sector da construción de estruturas metálicas e Intacta Gestión Ambiental, empresa de servizos ambientais”.

Así, González Formoso fixo fincapé en que una porcentaxe moi elevada do persoal que conforma a plantilla de Ingeniería PSI “é orixinaria das Pontes. Tiveron que saír da vila para estudar e agora teñan unha oportunidade de regresar ao seu lugar de nacemento e contribuír á posta en marcha dun proxecto empresarial que dinamizará a economía local e da comarca”.

O alcalde tamén subliñou que “este novo asentamento evidencia, novamente, os recursos dos que dispón o municipio e a arraigada cultura industrial e que o converten nun lugar idóneo para o desenvolvemento de múltiples e variadas actividades industriais.

Ingeniería PSI

É unha consultaría de Enxeñería Industrial é unha consultaría de Enxeñería Industrial, especializada no deseño e elaboración de proxectos integrados de enxeñería e arquitectura con especial atención o urbanismo, integrando desde o desenvolvemento do concepto básico ata a execución e posta en marcha das instalacións.

Entre os proxectos máis recentes levados a cabo pola consultaría destacan os proxectos de rehabilitación e mellora de eficiencia enerxética para edificio de usos múltiples no Concello de A Capela, a elaboración da memoria de eficiencia enerxética e execución das medidas na piscina olímpica de Lieiro no Concello de Cervo, o proxecto de instalación dunha nova caldeira de biomasa na planta industrial de Betanzos HB, o plan de mellora viaria de camiños rurais no Concello de Ortigueira e a instalación para Centro de Recarga de aire respirable para o Ministerio de Defensa.

A empresa conta na actualidade con oito empregados, con perfiles técnicos especializados en arquitectura e enxeñería, cunha facturación media anual de 700.000 euros

Entre os sectores nos que traballa destacan o sector da madeira, con proxectos e obras para Betanzos HB, Unemsa, Intasa ou Maderas Goiriz, no sector da alimentación para empresas como Entrepinares e Stolt Sea Farm, no sector agrogandeiro como Severiano Agrocomercial e Caponcito, no sector industrial con proxectos para Forestal do Atlántico, Pasa, Demaq Galicia, Grupo Acebrón, Biomasa Forestal, Intacta, Huso, Severiano Adera, Lavamar ou Perfilmat, entre outros, así como no sector eólico atopándose entre a súa carteira de clientes Norvento e Tecnorenova e no sector da Administración Pública con concellos como As Pontes, Ortigueira, A Capela, Cervo, Pontedeume e Miño, entre outros.