As Pontes, 6 de agosto de 2020. O Concello das Pontes publica as listaxes das persoas solicitantes das axudas do plan municipal de reactivación económica e laboral do Concello das Pontes (APREL 2020), destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral, derivado da crise sanitaria provocada polo COVID 19 sobre as microempresas e persoas autónomas do Concello das Pontes de García Rodríguez.

As persoas solicitantes  teñen un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación das listaxes na web e no taboleiro do Concello, para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno, por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello das Pontes de García Rodríquez

Listado número 1: Persoas solicitantes que cumpren os requisitos

Listado número 2 : Persoas solicitantes que non cumpren os requisitos

Listado número 3 : Persoas solicitantes que non presentan toda a documentación