RTVEume/ O vindeiro luns porase en marcha unha nova edición do programa de conciliación da vida laboral e familiar Campamentos Urbanos, unha iniciativa da que, unha vez máis, se fan cargo dende a concellería de servizos sociais e o centro de información á muller e que, como novidade, vai cambiar de escenario.

Neste caso, serán as dependencias do colexio Monte Caxado as que, durante as catro quendas deste programa, acollan a campistas e monitores á hora de desenvolver todas e cada unha das súas actividades.

Así as cousas, dende o vindeiro luns e ata que arrinque o mes de xullo os campamentos contarán con 16 campistas en xullo, 70 no mes de xullo, 45 participantes no mes de agosto e xa na quenda de setembro haberá un total de 10 campistas o que supón unha gran cifra de matriculados cun total de 141 nenos e nenas que apostaron por este programa para desfrutar das mañás dos meses de verán.

Malia cambiar de escenario o que se manterá será o horario habitual, con dúas quendas: a primeira de 8.30 a 2.30 da tarde o que incluirá servizo de almorzo e transporte, e a segunda con entrada ás 10 e saída ás 2.30.

Polo medio, xogos, manualidades, obradoiros do máis variopintos e entretidos e multitude de iniciativas dirixidas a facer das mañás do verán todo un atractivo para os máis pequenos e por riba aunando diversión e aprendizaxe.