As Pontes, 15 de marzo| Esta mañá presentábase o programa de participación veciñal Liña verde, que conta xa cunha aplicación a dispor de toda a veciñanza.

A concelleira de Participación cidadá, Montserrat García, recibíu no salón de plenos ós representantes das Asociacións locais para expoñerlles esta iniciativa que foi explicada pormenorizadamente polo responsable de expansión Antonio González.

Liña Verde é unha ferramenta, que inclúe unha serie de servizos para mellorar a xestión municipal, a resolución de incidencias na vía pública, e fomentar a comunicación cos cidadáns, entre outras utilidades.

Este proxecto de participación cidadá permite que os veciños comuniquemos dun xeito doado e áxil ó Concello todo tipo de incidencias da vía pública ou de servizos a través dunha App ou do portal web.

Poderase enviar un aviso que chegará ó mesmo tempo á Administración e ós técnicos responsables de solventalo. Asemade, pódese engadir unha foto que agregará automáticamente a xeolocalización para ubicar a incidencia comunicada.

Con Liña verde hai tamén unha canle intercativa para acceder a un servizo de consultoría medioambiental a través do que se poderá respostar a calquera dúbida que se plantexe.

A aplicación gratuíta podese agregar xa a calquera dispositivo móbil e con ella teremos unha canle directa na que as comunicacións e as respostas serán individuais e privadas, así como anónimas.

Con esta ferramenta para mellorar a eficiencia da interacción entre administración local e a cidadanía poderemos acceder a información en tempo real, a aportar suxerencias ou incidencias.