[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]CB As Pontes, 27 de xuño| O C.B. As Pontes, por medio dos seus directivos Juan E. Pico e Vicente Seoane, tomou parte na presentación do I Circuito Galego de Baloncesto 3X3 en Santiago.

Este circuito dará máis entidade a torneos xa consolidados individualmente como é o noso 3×3 Basket&Music As Pontes, que celebrará a súa 5ª edición, potenciará a súa difusión e crecemento e poderá servir de punto de arranque para novos torneos.

Anexamos a nota de prensa difundida polos organizadores do Circuito:

NOTA DE PRENSA 21-06-2016

ARANTXA MALLOU E PEPE POZAS APADRIÑAN O I CIRCUÍTO GALEGO DE BALONCESTO 3X3

Trátase da primeira iniciativa para agrupar os diferentes torneos 3×3 que hai ao longo do verán en Galicia, serán en cinco datas repartidos nos meses de xullo, agosto e setembro. Un novo concepto que conta co apoio dos torneos máis significativos da comunidade e que se disputará en todas as categorías posibles tanto en feminino como masculino e en categorías mini ata senior. Como gran novidade estes torneos serán puntuables para o circuito FIBA 3×3 e ademais repartiranse máis de 3.000€ en premios.

A presentación deste Circuito Galego ha tido lugar este mediodía en Santiago, máis en concreto na tenda de baloncesto Tiro Libre SQC (principal organizador deste evento) e contou coa xogadora do Sporting CP de Portugal Arantxa Mallou como madriña e co xogador do Obradoiro Pepe Pozas como padriño. Tamén se contou coa presenza de Susana Fernández, en representación da Federación Galega de Baloncesto.

O Circuíto Galego de Baloncesto 3×3 xorde coa intención de incentivar a participación nos diferentes torneos que se disputan en Galicia durante o verán e pretende converterse nunha referencia do basket estival na comunidade. En total disputaranse 4 torneos clasificatorios, con ao redor de 500 participantes, que se corresponden con algúns dos torneos con máis tradición de Galicia: Basket&Music das Pontes (9 e 10 de Xullo), 3×3 Tiro Libre de Boiro (23 e 24 de xullo), 3×3 Carneiro ao Espeto de Moraña (29 de xullo) e o 3×3 UrbanBasket de Viveiro (6 e 7 de Agosto). A gran final na que se reunirán os mellores equipos participantes celebrarase en Santiago de Compostela , o 11 de setembro na praza da Quintana e estará incluída dentro do gran evento que organiza a Federación Española de Baloncesto, Praza 3×3, o evento de referencia do baloncesto 3×3 en España.

Desde a organización quixeron destacar que o desenvolvemento deste Circuito só sería posible grazas á predisposición dos diferentes torneos, o apoio do Obradoiro de Santiago e Breogán de Lugo e á colaboración da FEGABA e a FEB, así como o patrocinio das marcas K1X e Spalding.[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]