As Pontes, 28 de novembro| Na orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas (DOG nº 84 do 3/5/16) no marco do plan FEDER, o Concello das Pontes aproveitou a subvención para elaborar o Plan de Actuación Municipal Ante o Risco de Inundacións, proxecto cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo  Temático OT 5: “Frear o cambio clímático” e conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

O Plan de Actuación Municipal ante o Risco de Inundacións ten a finalidade de conseguir a máxima protección para as persoas, os bens e o medio ambiente que poidan resultar afectados polas consecuencias das inundacións, para o que establece unha estructura organizativa e os recursos e medios dispoñibles no Concello, que permitan facer fronte ás situacións de risco ou emerxencia grave por inundación.

No plan se determinan os puntos críticos en función da análise do risco e os niveis do perigo nas distintas zonas do Concello das Pontes, e se definen os procedementos de información e alerta á poboación, e os procedementos de actuación do Plan.

O plan implementarase durante o vindeiro ano.