As Pontes, 19 de decembro| Estimado veciño/a:

Como todos os anos, proximamente teremos de novo a oportunidade de recibir na nosa vila aos Reis Magos, que se encargarán de deixar os agasallos a todos os nenos e nenas das Pontes.

Pero como sabedes, sempre necesitan de axuda para poder celebrar previamente a Cabalgata na que percorren as rúas da vila.

Por este motivo, se es veciño das Pontes e cursas de 1º a 6º de Primaria ambos incluídos, dende o Concello das Pontes queremos convidarte a participar como paxe e acompañar aos Reis nas súas carrozas o próximo día 5 de xaneiro na tradicional Cabalgata, para o que podes apuntarte no Departamento de Cultura (no segundo andar da Casa Dopeso, de luns a venres de 9 a 14:30h), dende o día 20 ata o 26 de decembro.

As prazas das carrozas son limitadas(45 nen@s) e terán preferencia os nen@s de menor idade. Os demais acompañarían ás carrozas camiñando a carón das mesmas.

Para máis información dirixirse ao Departamento de Cultura.