RTVEume| O Liceo recreativo e artístico está a organizar para este mesmo venres unha nova homenaxe á figura de Don Enrique Rivera Rouco con motivo do 13º ano do seu pasamento , e, como non podía ser doutro xeito, o protagonismo recaerá no patrimonio histórico da nosa vila.

Nesta ocasión, apostouse por unha charla que estará protagonizada polo Xosé María López Ferro que falará en col dos cruceiros que podemos atopar no concello de As Pontes.

Esta conferencia está prevista para as 8.30 do serán, e entre os presentes, contarase co Alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, ademáis de membros da directiva do Liceo Artístico e Recreativo.

O acto será de entrada libre e gratuita para todos aqueles que desexen participar no mesmo.