As Pontes, 11 de xullo de 2024. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicaba hoxe, no Boletín Oficial do Estado, a autorización administrativa a Enel Green Power, para a construción do parque eólico do Tesouro, de 50,4 MW de potencia instalada así como para a súa infraestrutura de evacuación.

Esta instalación está relacionada co complexo loxístico que Enel está a tramitar, ante a Xunta de Galicia, nas antiagas intalacións mineiras de Portorroibo, cun investimento de máis de 70 millóns de euros e que suporá a creación de 34 empregos directos e 44 indirectos no municipio .

Desde o Concello das Pontes, o rexedor local, Valentín González Formoso valora positivamente esta autorización xa que “ supón a constación de que As Ponte é a referencia de xeración de enerxía tanto convencional como renovable, adaptándose ao novo modelo enerxético da Unión Europea e do Estado”

Este complexo eólico, xunto cos catro parques existentes no municipio, os dous encoros hidroeléctrico a planta de hidróxeno e a planta de bombeo reversible proxectadas no municipio e o ciclo combinado de gas natural converten a As Pontes no maior complexos enerxético diversificado do Estado” engadiu González Formoso.

Nese mesmo sentido, Gonzalez Formoso apuntou que “Non só xeraremos enerxía, senón que imos a afrontar o maior reto de cara ao futuro: almacenala” e explicou que “as plantas de hidróxeno e bombeo reversible terán un papel fundamental neste ámbito, converténdonos nunha referencia nacional do almacenamento e dixitalización da capacidade enerxética do sistema eléctrico”

Por outra banda, o rexedor sinalou a importancia do sector eólico, “peza fundamental da industria da enerxía eólica, un sector que xera 400 postos de traballo no Concello das Pontes, a través de diferentes compañías que abarcan todo o proceso produtivo dende o deseño de parques, pasando pla súa construción, transporte e instalación de equipos, e o seu mantemento

Asi mesmo a posta en marcha deste proxecto suporá ingresos recorrentes para o Concello das Pontes, que servirán para amortecer as perdas de ingresos polo peche da central térmica e permitirá que empregados de Endesa trasladados fóra das Pontes tras o peche da central e que aspiran a regresar ao municipio podan facelo.