As Pontes, 14 de febreiro de 2022. A cabalgata de Entroido, organizada polo Concello das Pontes e que se celebrará o martes, 1 de marzo de 2022, repartirá 7.425 euros entre as persoas participantes.

O xurado terá en conta na súa valoración aspectos como a orixinalidade, o vestiario, a maquillaxe, a calidade musical, a coreografía así como o desenfado na interpretación para outorgar os premios ao mellores disfraces.

Establécense dúas categorías para a modalidade de grupos, en función do número de integrantes. De tal xeito que, os grupos de entre 3 e 10 persoas optarán a cinco premios de 500, 400, 300, 200 e 100 euros mentres que, entre as agrupacións de máis de 10 integrantes repartiranse cinco premios de 700, 500, 300, 200 e 100 euros, respectivamente.

Ademais, o Concello de As Pontes premiará ás cinco primeiras parellas adultas clasificadas con 175, 150, 125, 100 e 75 euros, respectivamente e, na categoría individual, as persoas adultas que tomen a saída no desfile poderán gañar 125, 100, 75 e 50 ou 25 euros se se sitúan entre os cinco disfraces máis valorados polo xurado. En ambas categorías ás persoas participantes deberán ser maiores de 14 anos.

Como en edicións anteriores, As Pontes tamén premiará aos/ás participantes máis novos/as. Deste xeito, na modalidade infantil (nenos e nenas con idades comprendidas entre os 14 e os 7 anos, ambos incluídos) haberá sete premios de 150 euros para os grupos mellor valorados polo xurado. Haberá outros sete premios para as parellas e outros sete premios para os/as participantes na categoría individual, dotados con 75 euros e 50 euros, respectivamente, cada un deles. Ademáis haberá 40 premios, de 30 euros cada un, para os nenos e nenas participantes na modalidade meniñ@s (menores de ata 6 anos, incluídos).

En ambas modalidades (infantil e meniñ@s) ás persoas premiadas recibirán un vale por valor do premio que será trocable nos comercios adheridos á campaña “Cabalgata de Entroido 2022”

A cabalgata de entroido partirá ás 17:00 horas da Rúa Monte Caxado para realizar, a continuación, un percorrido que discorrerá pola Avenida de Ortigueira, Avenida Castelao, Avenida de Galicia, Rúa Rosalía de Castro, Avenida de Ferrol, ata a Casa do Concello, onde se fará entrega dos premios ás persoas participantes.

Todas as persoas interesadas en participar no desfile de disfraces poden inscribirse, desde o 15 ata o 28 de febreiro, ás 12:00 horas, no Rexistro Xeral do Concello, (cita previa nos teléfonos 667129389/667129380) ou ben a través da sede electrónica municipal www.sede.aspontes.com

CAMPAÑA “CABALGATA ENTROIDO 2022”

Todos os establecementos e entidades con domicilio social nas Pontes que desexen ser beneficiarios dos vales entregados ás persoas gañadoras das modalidades infantil e meniñ@s da Cabalgata de entroido 2022 deberán presentar a súa solicitude, desde o 15 ao 25 de febreiro de 2021, no rexistro do Concello de As Pontes (cita previa nos teléfonos 667129389/667129380), en horario de atención ó público ou a través da sede electrónica., xunto coa folla de solicitude e o NIF da empresa e a designación da conta bancaria, no caso de que a documentación non estea en posesión do Concello das Pontes.

BASES ENTROIDO.  BOP NÚMERO 30, DO 14 DE FEBREIRO DE 2020: ver

FICHA INSCRICIÓN: DESCARGAR

DOCUMENTO FIRMAS GRUPOS: DESCARGAR