O DOGA publicaba onte o trazado da nova circunvalación de As Pontes

327

As Pontes, 14 de xuño| Este novo acceso suporá a alternativa ó actual, que precisará para o seu uso exclusivo a empresa Endesa, de cara a acometer a adaptación da central térmica á nova normativa de europea de emisións.

A Xunta somete así a información pública este proxecto, para que, quen o desexe, poda efectuar as observacións que desexe, ou presentar as alegacións que estime oportunas diante da axencia galega de infraestruturas.

Dende hoxe mesmo, o prazo para presentar alegacións son 30 días.

A nova vía contará cun km de estrada, dous e medio de senllas peonais, e ata tres rotondas.

No proxecto, custeado integramente por Endesa, estimado en 4 millóns de euros, inclúese un aparcadoiro no entorno da casa da enerxía.

A nova circunvalación vai unir a AC101 coa rotonda que hai xa en Perfolla, e quedará tan só para servizo exclusivo de Endesa o treito que agora vai entre as dúas centrais, a térmica e a de ciclo combinado.