As Pontes, 26 de abril de 2021. O Concello das Pontes abre mañá o prazo para inscribirse no curso de lingua de signos, nivel A1.1 dirixido ás mozas e mozos ponteses con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.
Tania Pardo, responsable da área de Mocidade e Igualdade, indica que “a través deste curso o Concello buscar contribuír a eliminar as barreiras de comunicación que afectan a este colectivo e achegar aos ponteses e pontesas a esta lingua, promovendo que aprendan a comunicarse coas persoas xordas, apostando pola inclusión das persoas con diversidade funcional, sensibilizando á poboación máis nova e promovendo unha inclusión real e efectiva”
Esta formación, que se impartirá en modalidade telemática, permitirá achegar ás persoas participantes á lingua de signos así como á realidade social e cultural da comunidade de persoas xordas así como ampliar coñecementos e amplicar a súa cualificación profeisonal, mellorando as opcións de atopar un emprego.
Neste curso abordaranse cuestións como a comunicación coas persoas xordas e xordocegas, a educación das persoas xordas, a cultura xorda e o movemento asociativo, os recursos profesionais e técnicos existentes no ámbito da comunidade xorda e a gramática básica da lingua de signos española.
O curso terá unha duración de 30 horas, 24 horas de clases grupais en liña e 6 horas de actividades individuais e titorías, e permitirá ás persoas participantes comprender e empregar expresións cotiás de uso frecuente (números, cores, calendario, contorna familiar, descripcións de persoas, expresión de emocións) asi como aprender e relacionarse de forma elemental coa comunidade xorda.
O curso comezará o 11 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas, os martes e os xoves, e todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse na Biblioteca Municipal Rivera Rouco e poden solicitar máis información no teléfono 981 102 562.