As Pontes, 03 de Maio de 2017.-
O pleno de As Pontes deu hoxe luz verde á derogación da ordenanza municipal reguladora do Imposto sobre o incremento de valor dos terreos da natureza urbana, máis coñecida como plusvalía municipal.Esta ordenanza estaba en vigor dende o ano 2003 no que a puxera en marcha o governo do BNG.
O edil de Xestión Orzamentaria, Antonio Alonso, explicou que a medida correspóndese coas políticas municipalis xa aplicadas nestas últimas tres lexislaturas polo goberno socialista, coas que se busca rebaixar a carga impositiva aos veciños e ante o bo estado estado das finanzas municipais, cun remanente de tesourería de 4,6 millóns de euros, o que permite levar a cabo esta medida coa que se busca favorecer a economía dos veciños e veciñas de As Pontes.
O Concello pontés recadaría 160.000 euros neste exercizo, unha suma á que se pode facer fronte dende as arcasa municipais sen comprometer a estabilidade financeira e grazas a unha política de xestión económica prudente, a mesma que se ven aplicando dende que os socialistas se fixeron co goberno municipal no 2007, e así taxas coma a de vehículos de tracción mecánica, recollida do lixo ou suministro de auga non rexistraron suba algunha, nin tan sequera a do IPC anual, xa que son as arcas municipais as que se poden permitir asumir esta suba, grazas ao bo estado financeiro do Concello. Xuntos Por As Pontes, BNG e Partido Popular deron o visto bo á proposta do equipo de goberno, ao igual que a modificación puntual das Normas Subsidiarias do Concello das pontes con respecto aos usos de quinteiro pechado e bloque lineal. Esta medida permitirá un regulamento máis específico das actividades industriais, comerciais e empresariais. Deste xeito, facilitarase a imprantación de novas actividades empresariais no concello pontés por parte dun emprendedor xa que, coa normativa anterior, os técnicos municipais debían negar a apertura de case calquer tipo de negocio no entorno urbano.
Ao longo da sesión, procedeuse á aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais na parcela municipal 129-137 da Avenida da Habana. Deste xeito, o concello regulariza unha situación urbanística antiga ,na que se cataloga como equipamento a parcela para un aparcadoiro que dé un maior servizo aos veciños do Barreiro, adaptando á realidade á normativa vixente. Asemade, tamén recibía o respaldo da Cámara unha modificación puntual das Normas Subsidiarias na rúa Juan Antonio Suanzes, concretamente nunha parcela destinada á instalación do local do colectivo A Xanela.
Mocións, rogos e preguntas
No capítulo de mocións, tan só houbo dous textos a debate, trala retirada dun documento por parte do Partido Popular. A moción sobre a creación de comedores escolares gratuítos para os centros educativos de ensinanza obrigatoria, con servizo de almorzo e xantar; unha medida respaldada por uninimidade, ao entender que a medida non só é necesaria para a conciliación da vida laboral e familiar, senón tamén para axudar a aquelas familias con menos recursos. Tamén foi sacada adiante cos votos favorables do Psdeg, Bng e Xuntos por As Pontes, un segundo texto, no que se demanda ao Estado a retirada da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o 2017 e a non interferencia do goberno central na xestión dos servizos públicos nin da economía de concellos saneados, como é o caso de As Pontes, que malia ter superavit, non pode usar os seus fondos para, por exemplo, realizar contratacións. E é que, dende o equipo de goberno chegaron a tildar de “absurda” unha lei que obriga aos concellos saneados a asumir unha posible débeda que realmente non teñen. O Partido Popular foi o único que non respaldou esta demanda.
No tocante aos rogos e preguntas, os edís da oposición interesáronse por temas do máis variopintos. De feito, ante cuestións do Partido Popular, o alcalde Valentín González Formoso anunciou que, nunhas semanas, darase luz verde a unha partida económica para a sustitución da cuberta do polideportivo municipal ou que xa se están a idear as bases para as axudas a entidades locais que poderían facerse efectivas denantes de que remate o mes de maio. Ante unha pregunta de Xuntos por As Pontes sobre o parque Municipal, a tenente de Alcalde, Montserrat García, anunciou que os traballos de mellora dos xardíns municipais estarán rematados a primeira de xullo, e que se levaban a cabo ahora precisamente para aproveitar o bo tempo o tratarse dunha obra de xardinería moi grande.Asemade, García apuntou que ao novo sistema de drenaxe e de tratamentos fitosanitarios tamén se sumou a análise de todas as árbores dos xardíns, ás que se lles aplicará un tratamento específico e un sistema de drenaxe propio para evitar a súa seca.
Polas melloras nas estradas interesouse o BNG, sobre todo no rural, de feito, tal e como adiantou o alcalde Valentín González Formoso xa se está a traballar para mellorar a seguridade e asfaltado no Deveso e o Freixo e daba a coñecer a intención do executivo local de iniciar a recuperación do antigo hospitaliño de Endesa, no Poboado das Veigas, para a súa posta en funcionamento como xeriátrico público,unha vez acordada a cesión do inmoble con Endesa.