As Pontes 1 de abril de 2019. A fachada do Concello de As Pontes iluminarase, hoxe, a
partir dás 21:00 horas, con cor azul con motivo do Día Internacional do Autismo que se
celebra mañá, 2 de abril.

A través desta acción, realizada en colaboración con Aspanaes, Asociación de Pais de
Persoas con Trastorno con Espectro Autista, o Concello de As Pontes súmase ó
movemento “Light it up blue”, unha iniciativa impulsada pola organización americana
Autism Speaks, no ano 2010, coa que, dunha forma simbólica, quérese arroxar luz
sobre o autismo, para visibilizar este trastorno, concienciando á sociedade sobre a
realidade das persoas con autismo e as súas familias e mostrarlles apoio.