As Pontes, 8 de xuño| O novo Regulamento de Protección de Datos, aprobado pola Unión Europeo a 25 de maio de 2016, en vigor desde 25 de maio de 2018, é una norma que afecta á protección das persoas físicas no ámbito do tratamento dos seus datos persoais e a súa libre circulación.
Esta norma, de aplicación directa en toda a Unión Europea, adapta a xestión dos datos persoais ás novas contornas dixitais, como son as páxinas web ou as apps, permitindo un maior control dos datos.
Esta lei, que ten como obxectivo aumentar a transparencia e reforzar o control sobre os datos, engade novos dereitos ós recollidos na actual normativa española de LOPD e obriga a que os cidadáns sexan informados das finalidades do uso dos mesmos con maior detalle.
O regulamento dá os cidadáns a liberdade para decidir como xestionar os seus datos persoais dun xeito transparente, autónomo e personalizado.
Por este motivo, O Concello de As Pontes actualizou toda a información relativa á protección de datos e ao seu tratamento e para cumprir cos requisitos de consentimento do GDPR, debemos confirmar que desexas recibir o noso contido.
Esperamos que o noso contido sexa útil para ti. Se desexas continuar recibindo as nosas novidades, actualiza a configuración de subscrición.
[powr-mailing-list id=34af5ef8_1527500204]