As Pontes, 13 de xullo de 2024. O Concello das Pontes instalará unha pantalla xigante para que a población da vila poida ver a final da Eurocopa,  tal e como ven facendo sempre que o combinado español disputa unha final

Un encontro que enfrontará á selección española coa selección inglesa, a partir das 21:00 no estadio olímpico de Berlín

Desde o Concello das Pontes convídase á veciñanza, amante ou non do fútbol, a achegarse ata a Praza do Carme para vivir a que pode ser unha noite histórica para o fútbol do noso país.

Tamén indican que en caso de choiva o evento trasladarse ao Auditorio Municipal Cine Alovi