As Pontes, 9 de setembro de 2020. O pleno do Concello das Pontes aprobou hoxe, por unanimidade, a proposta inicial da ordenanza reguladora para a concesión do dereito de ocupación temporal do solo público para facilitar a accesibilidade universal para persoas con mobilidade reducida aos edificios.

Trátase dun regulamento urbanistico que permitirá, en todo o termo municipal, potenciar a accesibilidade a través da construcción de rampas móbiles ou elevadores, naqueles espazos que por cuestións técnicas ou económicas nos que non sexa posible garantir a accesibilidade universal doutra forma.

O concelleiro de Urbanismo, Antonio Alonso, remarcou que “se trata dunha ordenanza de aplicación para todo o municipio ainda que terá maior incidencia en zonas e barrios, donde constructivamente non foi posible mellorar a accesibilidade nos edificios nos últimos anos, fundamentalmente nos poboados da Fraga, Magdalena e Barreiro”.

A ordenanza reguladora permitirá a ocupación de parte do dominio público, de forma temporal, para establecer elementos externos ao edificio que permitan garantir a accesibilidade universal.

Asi mesmo establece as condicións necesarias para a concesión do dereito de ocupación do solo público de xeito que se concederá cando non resulte viable ningunha outra solución, nin técnica nin económicamente, cando a solución presentada esté integrada visualmente na fachada do edificio, se asegure a funcionalidade dos espazos libres, redes, infraestruturas e servizos urbanos e se garantice o cumprimento de todo o establecido na normativa vixente en materia de accesibilidade, entre outros aspectos.

Para poder solicitar esta concesión será necesario presentar un estudo previo que defina as actuacións a realizar na edificación así como das correspondentes á vía pública, que deberá ser presentado pola propiedade do inmoble

Esta norma será de aplicación nos edificios e establecementos, tanto de uso público como privado, así como en edificios de vivendas plurifamiliares, sempre que e cando non sexa posible resolver a accesiblidade no seu interior ou a través do espazo exterior sen ocupar a vía pública.

Tras a probación polo pleno municipal abrirase un prazo de información pública e audiencias ás persoas interesadas polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións. Unha vez finalizado o prazo de alegacións e resoltas as mesmas, a ordenanza entrará en vigor tras a súa publicación no Bolentín Oficial da Provincia.

Outros asuntos

Por outra banda, o pleno tamén aprobou por unanimidade que os festivos locais para o ano 2021 sexan os días 16 de febreiro, martes de Entroido, e o 19 de xullo, luns das Festas do Carme.

Durante a sesión plenaria, tamén se deu conta das alegacións presentadas polo Concello das Pontes ao proxecto, presentado por Endesa, para o desmantelamento para a central térmica ubicada no municipio. O informe presentado desde a administración inciden na necesidade de garantir un seguimento exhaustivo do plan e a inclusión de alternativas para a socioeconomía local.