As Pontes, 24 de febreiro de 2020. O Concello das Pontes amosa a súa satisfacción polo asentamento do grupo IP Ingeniería no municipio, xa que, en palabras da Concelleira de Industria, Ana Pena “reforza o potencial das Pontes como un dos principais asentamentos industriais do sector metalúrxico en Galicia. Á instalación deste novo centro de produción internacional súmanse a decena de empresas locais que se fixeron un oco no sector e que sosteñen preto de 300 postos de traballo”.

Así mesmo, Ana Pena, fai fincapé en que “este asentamento evidencia os innumerables recursos cos que conta o noso municipio; a proximidade ao porto, a rede de infraestruturas de comunicación, os recursos naturais dispoñibles, os recursos humanos cualificados, unha importante cultura industrial, etc, e que converten a As Pontes nun lugar idóneo para o desenvolvemento e asentamento de distintas actividades industriais” .