As Pontes, 13 de maio de 2024. A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes adxudicou obras por 332.602 euros destinadas á rehabilitación e acondicionamento das vías de comunicación nas parroquias pontesas e a mellorar diversos equipamentos municipais.

Así, axudicou a Huso 29 Estudios y Construcciones S.L a construción dunha galería cuberta nas actuais instalacións do campo de tiro con arco, asentado no Pobado das Veigas. O proxecto, cun orzamento de 211.000 euros, con cargo a fondos propios, permitirá a execución dunha nova instalación que se localizará no extremo final da actual zona de tiro para, deste xeito, investir o sentido da mesma e evitar que á luz do atardecer afecte á visibilidade dos arqueiros.

Executarase dunha nave cuberta e pechada, que servirá de almacén para os parapetos das dianas e outros útiles de tiro e cuxa cuberta se prolongará catro metros para xerar un soportal onde poder adestrar, ao aire libre, completamente protexidos das as condicións meteorolóxicas adversas.

Construirase tamén unha nova soleira que servirá como liña de tiro exterior para poder organizar competicións oficiais, localizada a 90 metros da zona cuberta que existe na actualidade. El volumen construido tendrá una cubierta a un solo agua en caída hacia la zona del porche sendo a superficie útil de la nave almacén interior de 261 m2 e a do porche exterior cuberto de 101 m2.

Por outra banda axudicou a Construcciones Guerreiro Somozas S.L o proxecto de construción dunha bancada cuberta para o campo de herba artificial “Evaristo Puentes”, situado no Poboado das Veigas.

O proxecto, cun orzamento de 97.913 euros, con cargo a fondos municipais, permitirá dar resposta á demanda dos clubs deportivos da vila que empregan esta instalación, así como dos espectadores que, cada fin de semana, se achegan ata o campo “Evaristo Puentes” para gozar de diferentes competicións deportivassen sufrir as consecuencias das inclemencias meteorolóxicas, dunha forma cómoda e axeitada

A bancada situarase no lateral noroeste do campo, centrada na metade do mesmo e ocupando o espazo libre existente entre o campo e o peche vexetal que separa as instalacións deportivas da Ronda do Poboado. A superficie construída da cuberta da bancada será de 142,50 m2 e a bancada disporá de 7 pórticos metálicos con protección con galvanizado en quente, que ocuparán 30 metros de lonxitude e 4,75 metros de ancho, albergando a 168 persoas en asentos sen respaldo fabricados en PVC.

Ademais a bancada cubrirá tamén os dous metros de ancho de beirarrúa existente que separará a bancada do campo de xogo, ofrecendo maior protección aos espectadores que acudan ao campo a gozar das competición deportivas así como aos diferentes clubs que fan uso desta instalación.

Por último, a Xunta de Goberno Local tamén adxudicou A José Nomantiñan e Hijos S.A as obras traballos de mellora dos viarios en Cancelas, Poupariña, Esvedral, Penapurreira e Ramallal-Louseira co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, para garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico.

A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza, que sumadas ás actuacións xa levadas a cabo e as previstas acometer nos próximos meses, permitirán avanzar cara un municipio máis accesible, cómodo e seguro.

Os traballos, financiados a través do POS da Deputación da Coruña, permitirán a mellora e substitución da actual capa de rodadura para o que será preciso levar a cabo actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes, ademais procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada os viais.

Por outra banda, naquelas zonas da estrada que se atopen afundidas, realizarase un bacheado previo mediante a achega de pedra e a selaxe mediante unha rega con grava miúda.

O afirmado realizarase mediante a extensión dun dobre tratamento superficial formado por unha dobre rega con grava miúda. No caso da estrada de acceso a Esvedral e de Ramallal á Louseira, previamente a devandito dobre tratamento superficial, deberase executar unha capa de saburra artificial e unha capa de macadam bituminoso finalizado mediante unha rega de penetración e recebo. Os traballos rematarán coa reposición da sinalización vertical.