As Pontes, 8 de maio| Esta mañá celebrábase un novo pleno no salón de sesións, co que se pechou a actual lexislatura e servíu para despedir tamén ós concelleiros e concelleiras que non estarán xa na corporación que saia das urnas o vindeiro día 26.

Foi un pleno ordinario no que os asuntos de índole económica protagonizaron a orde do día.

Comezouse por dar conta das últimas actas e decretos para logo informar tamén da liquidación do orzamento municipal do 2018.

Rematado o exercizo fiscal e pechadas as operacións de gasto presentábase esta liquidación, a última orzamentaria antes da fin da lexislatura, que deixa un concello sen débedas, solvente e saneado, e cun remanente de máis de seis millóns de euros.

Aprobouse logo o expedente decreto extraordinario co que se suplementan partidas esgotadas ou se xera para partidas que non existían, neste caso por un montante de algo máis de 300.000 euros.

Finalmente aprobáronse as bonificacións, no IBI urbán para a AAVV A Choupana e no ICIO, por obras realizadas, á Asociación Adiante.

Recórrese así á ordenanza local do 2014 que permite unha bonificación máxima do 95%.

Ó tratatarse dun Pleno ordinario, houbo tempo, para os rogos e preguntas da oposición, mentres a única moción, presentada por Xuntos por As Pontes foi rexeitada cos votos en contra do equipo de goberno.

Era a segunda vez que a traía esta formación para poñer en marcha un programa de saúde local, no que argumentaban dende o PSdeG PSOE que, malia estar de acordo cos obxectivos, non había capacidade nin viabilidade para asumilo dende a administración local, ó ser unha competencia autonómica.