O luns , 18 de maio, vai comezar a demolición dos edifícios anexos ó mercado de abastos, unha actuación que se circunscribe no ambicioso proxecto de reforma integral do mercado municipal.
Esta mañá o alcalde, Valentín González,e o concelleiro de obras, Antonio Lourés, supervisaban as obras que comezaban co valado previo ó derrube, e acudían tamén ó interior do edifício do mercado, onde se van habilitar novos locais comerciais.
Na primeira pranta, o espazo quedou xa diáfano, eliminando as barreiras arquitectónicas precisas para habilitar o lugar que vai dar paso a a cinco locais comerciais unha vez remodelado por completo este andar.
Os novos locais comerciais que se creen neste inmoble serán logo ofertados a novos emprendedores interesados nesas novas instalacións para desenvolver novas actividades empresariais.
As novas obras veñen sumarse á mellora previa do exterior do inmoble, ó que se dotou dunha nova e máis moderna estética, co frontal completamente acristalado
Así mesmo, mellorouse a accesibilidade cun novo acceso e unha importante ampliación do espazo, o que debe redundar no obxectivo final de converter todo o edificio nun novo espazo multifuncional.