As Pontes, 11 de novembro| O venres 18 de novembro comezará un curso de “Uso do correo electrónico na Internet”.
O obxectivo deste curso é aprender que utilidade ten o correo electrónico no noso día a día. Se usamos Internet, unha conta de este tipo é imprescindible, non só para o intercambio de mensaxes, se non porque soe ser un requisito que nos piden outros portais ou páxinas web para rexistrarnos e interactuar cos demais usuarios.
Esta actividade está dirixida a persoas maiores con coñecementos básicos no uso de ordenadores.
Uso do correo electrónico na Internet |
|
Horario |
10 a 12 |
Periodicidade |
Luns, martes, xoves e venres |
Duración |
Do 18 ó 28 de novembro (12 horas) |
Contidos
•Creación dunha conta de correo electrónico.
•Envío de mensaxes a un ou varios destinatarios.
•Envío de arquivos e formato de mensaxes.
•Rexistro en páxinas web.
•Participación en foros e blogs.
Como todos os cursos que se imparten na aula CeMIT é totalmente gratuíto. Para inscribirse inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.