[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume|

Durante a primeira fin de semana do primeiro de Novembro non todo o protagonismo recae unicamente no mundo dos fungos e cogumelos e é que, na nosa vila, tamén temos unha segunda cita de gran relevancia que logra atraer a centos de veciños e vistantes.

Trátase do mercado de oportunidades vila de as Pontes, máis coñecido coma o mova, e que, nesta oitava edición contará cun total de 17 comercios locais que nos días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, coma sempre, sacarán á rúa produtos de gran calidade e a un prezo do máis competitivo.

Así as cousas, un ano máis, poderemos facernos con calzado de Zokos ou Saavedra, artigos de deporte de Lecar 712 e Galiorient, roupa de Vilaboy/VL, Bolboreta, Urbo, ou Anduriña; lentes de óptica Carmela; agasallos do máis diverso de Tres Lúas, Sulian, La Estrella, Xandra, Mesturas ou Don Dino e incluso artigos de cosmética coma os que ofrecerán Max Dream ou o posto de Salud y Antienvejecimiento.

Un amplo abano de tendas que podemos aproveitar para facernos un agasallo ou xa para ir adiantando eses detalles cos ollos postos nas festas do Nadal e coa vantaxe do seu económico prezo e a súa gran calidade.

Asemade, o horario de atención ao público é do máis extenso xa que o mova abrirá as súas portas os días 31 e 1 entre as 10 e as 7 da tarde, de xeito ininterrompido, e xa o 2 de novembro dende as 11 da mañá e ata as 2 da tarde.

Pero ademáis, mercar no mova pode ter premio xa que, durante os tres días que dure este mercado, por cada compra os clientes recibirán unha papeleta cun número que entrará no sorteo de seis vales por valor de 100 euros, a gastar nos diferentes comercios do propio mova.

O sábado 31, ás 5 da tarde, celebrarase o primeiro dos sorteos de tres vales de 100 euros e que se prolongará ata que aparezan os propietarios dos tres números premiados e xa o domingo, 1 de novembro, e novamente, ás 5 da tarde, realizarase un segundo sorteo tamén de tres cheques de 100 euros, seguindo a mesma mecánica.

O Concello de As Pontes, mediante a Concejalía de Comercio, o Instituto Pontés de Promoción Económica e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes vólvense poñer á fronte desta importante cita que, unha vez máis, pretende servir para ensalzar o noso sector comercial e facer fincapé entre veciños e visitantes da gran oferta de produtos que podemos atopar na nosa vila, a carón da casa.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]