[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][images picture_size=”auto” hover_type=”none” autoplay=”no” columns=”3″ column_spacing=”13″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”yes” class=”” id=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/12188113_1081745348505334_3331800437566001434_o-1024×694.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/12034291_1081746015171934_7190914374785324576_o-1024×694.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2015/10/12194908_1081746025171933_6666789143564920505_o-1024×694.jpg” alt=””][/images][fusion_text]RTVEume| Ricardo Fernández López, María García, Iván Fernández Carballeira, Ángeles Gabeiras, María José Ramil e María Ferrer foron os veciños afortunados no sorteo dos seis vales de 200 euros cos que este ano se premiou o voto popular na sétima edición do certame gastronómico Saborea As Pontes.

Así as cousas, Ricardo, Iván e María contarán con cadanseu vale de 200 euros a gastar nos 33 establecementos hostaleiros que tomaron parte neste certame, namentras que María José, Ángeles e María Ferrer disporán de 200 euros para cada unha e que poderán gastar nos diferentes locais comerciais da nosa vila, como contraprestación ao seu gran traballo como xurado gastronómico durante esta nova edición do concurso de tapas que, unha vez máis, puxo en marcha o concello de As Pontes, mediante o departamento de Turismo, Hostalería, COmercio e Emprego; o Insituto Pontés de Promoción Económica e a asociación de empresarios e comerciantes de As Pontes.

A propia secretaria do concello, Marina Núñez, foi a encargada de extraer os boletos das seis persoas afortunadas ante o xurado deste certame de tapas, a técnica do IPPEC Erika Sanz e as nosas cámaras, nun sorteo que tivo lugar esta mesma mañá na sala de concelleiros da Casa Consistorial, e no que se contabilizaron un total de 994 papeletas.

Coma sempre, unha vez extraído cada boleto comprobouse que éste contase con 8 selos diferentes doutros tantos locais participantes neste certame gastronómico, ademáis de que os datos do gañador e do seu voto fosen lexibles.

Tras poñerse en contacto cos seis afortunados, mañá á tarde, ás 6, terá lugar a entrega destes premios, nun encontro que se celebrará no primeiro andar da praza de Abastos e no que tamén está prevista a presenza dos xerentes e representantes dos 33 locais de hostalería que, nestas últimas dúas semanas, idearon os pinchos e tapas máis novidosas e atractivas e que se xogan o facerse co respaldo dos clientes e o premio á tapa pontesa máis valorada polo público ou ben co respaldo do xurado, encargado de escoller á mellor tapa pontesa 2015 e que, nesta edición estivo integrado por Manuel Ferreira, da Casa do Mel, Juan Manuel Gómez do clube gastronómico el Gourmet, Chiruca Saavedra da Asociación de Empresarios e Comerciantes e María Martínez do colectivo das Amas de Casa.

De feito, tralo sorteo desta mañá tocaba realizar o reconto de papeletas para coñecer o nome das tapas máis valoradas polo público aínda que non será ata mañá á tarde cando coñezamos eses dous pinchos gañadores, nun acto que estará presidido pola edil de hostalería e comercio, Ana Pena, ademáis de por representantes da organización e do propio xurado deste Saborea As Pontes 2015

[/fusion_text][/fullwidth]