[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume|As Pontes volvía despedir o ano facendo deporte e, novamente, da man do clube de atletismo Olympo, as rúas do centro urbano eran asolagadas na tarde do 31 de decembro por corredores de todas as idades que non deixaron pasar o participar na quinta edición da San Silvestre pontesa.

615 persoas se anotaron entre as diferentes probas escolares, a carreira absoluta e a andaina popular e nas que se volvían poñer a proba tanto a resistencia física de veciños e veciñas coma a súa imaxinación á hora de deseñar disfraces do máis orixinais e divertidos cos que desfrutar da derradeira tarde do 2015.

Paiasos, árbores de Nadal, galiñas, Papás Noeis e ata superheroes se mesturaron co público presente nunha proba que, un ano máis, volvía ter a rúa Ramón Cabanillas como punto de partida.

Contra das cinco da tarde se iniciaban as primeiras carreiras, neste caso as dos máis pequenos que afrontaron unha distancia duns 500 metros onde Daniel Salgueiro e Alba Barallobre foron os máis veloces.

Na categoría alevín Adrián Rivadulla e Paula Criado lograron ocupar os primeiros postos na competición masculina e feminina, respectivamente, namentras que na carreira infantil Hugo Prida e Clara Díaz eran os primeiros en atravesar a liña de meta, tras dun intenso percorrido dun quilómetro.

As probas para escolares pecháronse coa carreira Cadete onde Adrián Jedadauoi e Uxía Fernández foron os máis veloces cun tempo de cinco minutos e 30 segundos.

A carreira absoluta, cun circuíto urbano de cinco quilómetros foi a que logrou unha maior participación con case 250 inscritos e na mesma o triunfo foi para Luis Miguel Velasquez cun tempo de 16 minutos e 1 segundo. Segundo foi Adrián Moreno do clube Marineda Atlético que entraba 20 segundos máis tarde e a terceira posición logrouna o corredor do Triatlón Ferrol, Iván Puentes.

No tocante á competición feminina, primeira foi Camila Alonso cun tempo de 18 minutos e 54 segundos, seguida de Laura Cabarcos e Belén Nieto.

Todos eles recibiron agasallos dos diferentes patrocinadores da proba coma Opticalia Callao, Galiorient, Lecar 712, Dekologas e Talos, premios que foron entregados polos edís de Deportes, Benestar Social e Participación Cidadá e que non se quixeron perder esta cita deportiva coa que se pechaba o 2015.

Ademáis de recoñecer o esforzo dos máis veloces, tamén se quixo valorar a labor daqueles participantes que tiraron de orixinalidade á hora de vestirse para esta proba. Así recibían premio os disfraces de Lincoln e Eduardo Masntesoiras nas categorías individual adulto e infantil, os acios de uvas na categoría de parellas e os ABBA Runners que se adxudicaron o premio ao mellor disfraz de grupo.

Por suposto, como colofón non faltou o tradicional chocolate quente que serviu para brindar pola chegada dun novo ano e, de paso, recuperar as forzas trala competición.

[/fusion_text][/fullwidth][one_half last=”no” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/one_half][one_half last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/one_half]