Co obxectivo de mellorar a seguridade da circulación nas vías do concello, o goberno municipal construirá unha rotonda na intersección da Avenida de Galicia coa rúa Sergio Rivera Chao e Hermanos Tojeiro. Coa habilitación desta glorieta, cuxo importe de licitación ascende aos 56.000 euros, o Concello pretende dar fluidez ao tráfico, así como mellorar a seguridade nun cruzamento moi transitado. O diámetro total da rotonda será de 22 metros, unhas dimensións que dende a enxeñería encargada do proxecto consideran suficientes, “tendo en conta o tráfico e a contorna urbana na que se executa”. A aprobación do proxecto, que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, produciuse nada máis rematar as obras de rehabilitación da rúa Sergio Rivera Chao, unha das vías á que lle afectará a rotonda. Nesta rúa, que viña sufrindo danos nos últimos anos por mor das escorrentías, levouse a cabo nova glorieta, contribuirán a mellorar a seguridade viaria nunha zona moi transitada, entre outras cousas, porque nas súas imediacións están a reparación do chan e a substitución das antigas canalizacións por tubos de PVC rodeados de formigón. Estas melloras, unidas á construción da nova glorieta, contribuirán a mellorar a seguridade viaria nunha zona moi transitada, entre outras cousas, porque nas súas imediacións están situadas as instalacións da piscina municipal da vila. Así mesmo, e co obxectivo de que a nova infraestrutura non lle afecte ao número de prazas de aparcadoiro dispoñibles, está previsto que se habiliten dúas zonas destinadas ao estacionamento de vehículos. Isto realizarase durante a fase de traballos previos, ampliando a plataforma de rodadura mediante a demolición da beirarrúa. O alcalde, Valentín González, asegura que esta investimento “mellorará a seguridade dun punto complicado e con moito tráfico rodado”.