A escola infantil municipal Barosa ven de abrir o prazo para a formalización de matrícula para os alumnos que, o vindeiro curso, estuden no centro educativo, un prazo que se manterá ata o 30 xuño.

Os pais e nais dos alumos e alumnas que estuden na escola infantil durante o ano académico 2015-2016 e que conten xa con praza deberán achegarse ata as oficinas da barosa, en horario de luns a venres entre as 10.30 e as 12.30 para entregar toda a documentación necesaria e cumplimentar a correspondente matrícula.

Asemade, tamén neste horario será posible achegarse ata o centro de educación infantil para solventar calquer tipo de dúbida ao respecto desta tramitación.