RTVEume|O Esteo Fútbol Sala ten xa aberto o prazo para a inscrición dunha das competicións deportivas de máis participación e vistosidade de todo o verán, e é que, novamente, se pon á fronte da organización do maratón de fútbol sala Festas do Carme, que se desputará os días 3,4 e 5 de xullo na pista descuberta do colexio de Santa María.

Para esta edición de 2015, novamente contarase con competición masculina, feminina e de veteranos con interesantes premios económicos que van dende os 1500 euros do gañador na categoría masculina ata os 150 euros que se poden adxudicar na categoría de veteranos, ademáis dos correspondentes trofeos aos mellores equipos de cada grupo e os recoñementos aos mellores xogadores e porteiros de cada categoría.
A inscrición poderá realizarse ata o mércores 1 de xullo e terá un prezo de 100 euros para os equipos masculinos e de 50 euros para os equipos de rapazas e de veteranos, sendo necesario realizar o correspondente ingreso na conta habilitada para tal fin na entidade Abanca.
Os sorteos dos emparellamentos realizaranse o 2 de xullo, ás 8.30, no polideportivo municipal da Fraga e xa o venres 3 de xullo, á tarde darán comezo os primeiros encontros de cada grupo.
No tocante aos premios en categoría masculina, o equipo gañador farase con 1500 euros e un trofeo, os subcampións levarán 600 euros e trofeo e os equipos que rematen en 3º ou 4 º lugar levarán 150 euros cada un máis o correspondente trofeo.
Na categoría feminina, as campionas faranse con 300 euros e trofeo e as subcampionas levarán 150 euros e un trofeo, namentras que os equipos clasificados en 3º e 4º lugar recibirán un trofeo; contías e premios semellantes aos que se repartirán na categoría de veteranos.
Para máis información todas as persoas interesadas poden contactar coa organización nos teléfonos 679.371.472 e no 687.831.106.