As Pontes, 5 de marzo de 2020.  O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 17 de xaneiro a resolución que levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola polilla guatemalteca.

O levantamento da prohibición de plantar pataca beneficiará os agricultores dos concellos coruñeses de Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela e As Pontes de García Rodríguez, así como os dos municipios lucenses de Ourol e Abadín.

A resolución deixa de considerar estas localidades zonas infestadas pola polilla ao non rexistrar ningunha captura nos dous últimos anos e pasa a englobalas na demarcada como zona tampón.

Isto supón que se lles permitirá plantar pataca pero que se fará un seguimento exhaustivo das plantacións por parte da Consellería do Medio Rural, que manterá as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación co obxectivo último de controlar a expansión da polilla.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200117/AnuncioG0426-130120-0010_gl.html