[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Unha ducia dos mellores fotógrafos que podemos atopar na provincia daranse cita este mesmo sábado no auditorio municipal Alovi para presentar a cuarta edición do certame Expofoto, adicado á fotografía de todos os ámbitos.

A concellería de Cultura, que dirixe a edil Sonia Sueiro, decidiu apostar por esta innovadora actividade trala convocatoria da segunda edición do certame Expofoto As Pontes e do que, xa dende onte e ata este mesmo sábado poderemos desfrutar na sala de mostras do Mercado Vello, de xeito totalmente gratuito.

Ao abeiro deste concurso, ata a nosa vila desprazaranse unha ducia de fotógrafos especialistas en disciplinas do máis dispares e que van dende a fotografía creativa, a nocturna, submarina, astrofotografía, imaxes en branco e negro, fotografía aérea ou a adicada a natureza.

Nomes propios do sector como Edu Pereira, Fuco Reyes, Javier Bayolo, Carlos Turienzo, Cristina Abilleira, Noelia Soto ou Simón López, xunto con tamén fotógrafos ben coñecidos coma o pontés Jonás Álvarez ou Mangi Caldevilla compartirán escenario para dar conta dos entresixos en cada un dos seus campos.

Asemade, tamén se contará coa experiencia de empresas coma Video Dron Galicia, Enfoque Nocturno ou CAS Nautilus e será posible desfrutar de diferentes proxeccións audiovisuais e coleccións fotográficas.

Expofoto é unha xornada dirixida a todo tipo de idades e dará comezo ás 8 do serán. As entradas para asistir a este evento terán un custo de 5 euros e poderanse adquirir na propia taquilla do auditorio municipal Alovi o mesmo sábado á tarde, dende as 18:30h.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]