[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume|Os nenos e nenas das Pontes prepáranse para celebrar unha nova festa, a do Halloween, cada vez máis popularizada e que gaña en seguidores ano tras ano, especialmente entre os máis pequenos que non dubidan en saír ás rúas disfrazados dos personaxes máis terroríficos.

Por segundo ano consecutivo a Coordinadora de ANPAS Abrente vólvese poñer á fronte da organización do concurso de cabazas e disfraces monstrosos que se celebrará este venres 30 de Outubro baixo a carpa do Colexio Santa María.

A finalidade do concurso é achegar aos máis novos da casa á tradición ancestral do Samaín.

As bases do Certame establecen que os nenos e nenas poderán realizar sos ou coa colaboración das familias a decoración das cabazas, empregando todo tipo de elementos e materiais. As cabazas que vaian participar no concurso terán que entregarse no patio do colexio Santa María, entre as cinco e media e as seis e media da tarde. Nun sobre pechado constarán os datos persoais do autor ou autora da cabaza, nome, apelidos, idade, colexio e curso.

E en canto ao concurso de disfraces monstrosos, os interesados e interesadas en participar teranse que anotar tamén na mesa informativa da coordinadora de ANPAS Abrente, no patio do Colexio Santa María, no mesmo horario entre as cinco e media e as seis e media da tarde.

Haberá premios á cabaza máis orixinal e mellor decorada e ao disfraz máis terrorífico dacordo coas seguintes categorías: 1º ciclo de Educación Infantil, 2º Ciclo de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria; 4º, 5º, e 6º de Primaria; Educación Secundaria e finalmente Bacharelato. Os gañadores en cada categoría recibirán como premio un vale de 100 euros canxeables en material deportivo e cultural.

Paralelamente á celebración do concurso de cabazas e disfraces mostrosos, todas as persoas que se acheguen ata Santa María disfrutarán de animación infantil a cargo dos monitores e monitoras da empresa de ocio infantil Picariños, ata as nove da noite, e dende esa hora ata a medianoite Universo FK encargarase de amenizar a velada para o público xuvenil.

Haberá tamén unha procesión nocturna polos xardíns do Campo da Feira, ás oito do serán, sempre cando as condicións climáticas así o permitan. Dende a Coordinadora de ANPAS Abrente pídeselles aos participantes que, no momento do desfile, leven luz na cabaza e no caso dos disfraces un cirio aceso.[/fusion_text][/fullwidth]