As Pontes, 28 de outubro| A concellería de Cultura do Concello de As Pontes fai público o fallo do xurado do Concurso de fotografía Micolóxica As Pontes 2016, integrado por Lourdes Acera Olaso, Jose L. Cuba Crespo, Carmen Guerreiro Castro e Elena Baamonde , acordan conceder os seguintes premios.

O obxectivo do concurso é amosar a imaxes de fungos e cogomelos e o seu hábitat e a diversidade biolóxica destas especies:

1º Premio de 500 € a Alfredo López de Arbina Pérez de San Román . Lema da fotografía ” Arte natural”

2º Premio de 300€ a Nuria Castro Pena . Lema da fotografía ” Enarboradas”

3º Premio de 200€ a Joaquín Sánchez Romero . Lema da fotografía “Arcangeliana”.

Neste concurso participaron 35 concursantes de Galicia e de fóra, nos que cabe destacar a calidade e a execución técnica. Unha selección das fotografías presentadas estarán expostas na xornada da XXVII Feira de Fungos e Cogomelos o día 1 de novembro na sala de exposicións do mercado vello,e dende o día 31 de outubro ata o 30 de novembro no edificio de usos múltiples Casa Dopeso.