Desta volta o proxecto “As Pontes Experiencia Industrial” repetiu visita ás instalacións de Adera, empresa de gran tradición familiar no torneado da madeira, pertencente ao grupo Severiano Servicio Móvil.

Foi unha experiencia enriquecedora, xa que os asistentes descubriron ata o máis mínimo detalle do funcionamento da empresa coas explicacións de Alejandro Castro; tipoloxías de madeira, almacenamento, procedencia, tratamentos, torneados, métodos de produción, situación do mercado da madeira, etc.

Ademáis, Lolo, recoñecido artesán, mostrou a súa habilidade co torno e fixo unha demostración ás persoas que asistiron elaborando unha buxaina e xoguetes decorativos. Tratouse polo tanto dunha visita na que se mesturaron leccións de xestión dunha empresa industrial, coa visión máis tradicional e artesanal do oficio de torneiro.