[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Os alumnos e alumnas de 4º de Secundaria e 1º de Bacharelato do instituto Moncho Valcarce cambiaron onte aos seus habituais mestres por auténticos expertos no mundo da política. E é que ata tres exdeputados do Parlamento de Galicia acudiron nas últimas horas ao centro educativo pontés para explicarlles de primeira man aos máis novos como é o día a día nas Cortes Autonómicas, o seu funcionamento e a súa gran relevancia para o correcto funcionamento de Galicia e de todas as súas administracións.

O popular Angel Ramón Mesa Torreiro, a socialista Natividad González Laso e o nacionalista Xesús Veiga Buxán foron os encargados de exercer onte como mestres e de dar resposta ás cuestións dos estudantes en materia de funcións, composición e diferentes órganos que integran o parlamento autonómico. De feito, foi Natividad González a que se encargou de defender a necesidade das institucións públicas e de representantes nas mesmas, que se encarguen de xestionar as demandas e necesidades dos cidadáns para dar lugar a un sistema democrático que permita rexer a sociedade.

A iniciativa xa leva anos en marcha da man da Asociación de Exparlamentarios de Galicia e pasou por moitos concellos galegos dende a súa posta en marcha hai máis de tres anos. Deste xeito, o que se busca é achegar aos máis novos como é a realidade do traballo dun político galego, inculcando na xuventude as bondades da política e traballando con aqueles que, malia que non teñen aínda idade para acudir a votar, integran o futuro de Galicia.

[/fusion_text][/fullwidth]