Abril, 2019
Detalles do Evento
León Lafuente. Un taxista español. Sempre enfadado. Acosado polas débedas. Fastidiado polo rápido que cambian as cousas: o seu taxi, o seu barrio, o seu mundo,
Detalles do Evento
León Lafuente. Un taxista español. Sempre enfadado. Acosado polas débedas. Fastidiado polo rápido que cambian as cousas: o seu taxi, o seu barrio, o seu mundo, e o ventre da súa muller embarazada. Todo está a cambiar para León.
Diego Manfredi. Tan mentireiro como encantador. Tan guapo como gaioleiro. Acaba de saír do cárcere. Ninguén veu a buscalo. Os anos no cárcere deixárono sen familia nin porvir. E cunha chea de débedas.
Sandra Sánchez. Moza e aburrida como unha ostra. Fuxindo do seu pobo onde se pasou media vida rodeada de oliveiras. Fuxindo das súas amigas, todas casadas, e do seu noivo.
Tres perdedores que emprenden unha viaxe delirante coa promesa dun cargamento de ouro perdido nos túneles do lugar máis raro e descoñecido da Península Ibérica: Xibraltar.
- Data: sábado, 20 de abril e domingo, 21 de abril
- Sesións: sábado, 19:30 e 22:00 horas. Domingo: 19:30 horas
- NRM16
- PVP: 5 euros
- Venta das entradas 30 minutos antes de cada sesión.
- Venta anticipada en https://www.ticketea.com
Horario
Abril 20 (Sábado) - 21 (Domingo)
Lugar
Casa Dopeso
Rúa Rosalía de Castro, 28, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña