As Pontes, 7 de xuño| A escolla do CIP Marina Escolar non foi casual. Previamente estudaron o proceso medioambiental de transición de mina a lago que vivimos nesta vila.

Demostraron nestes días traer ben traballado o coñecemento do noso Concello, e moita curiosidade por coñecelo de preto e saber mais.

Foron tres días nos que dende o Concello se lles elaboraba un programa de actividades para que puideran coñecer a realidade local ó tempo que disfrutaban de interesantes excursións.

Hoxe, despois de comer, partían de novo cara a Pucela, e facíano moi satisfeitos da acollida que atoparon na nosa localidade.

Foron 62 nenos e nenas duns dez anos de idade, que acudiron nunha expedición en bus con profesores do centro.

Aínda que a visita ó lago só puido ser presencial, sen roteiro pola senlla da Memoria, nin navegación, contaron cunha alternativa. A alerta amarela de onte impedíulles coller piragua ou embarcación de vela, pero igualmente buscouse un plan alternativo e foron ata o Aquarium de A Coruña.

Si puideron visitar o lago e bañarse nel o mércores, e ademais, acudir  á Casa do Mel, o Museo Etnográfico, Endesa ou a Ecoescola, ademais de coñecer o centro urbán e o casco vello, e hoxe percorrer a senlla da Ribeira.

Onte tamén disfrutaron dunha xornada deportiva para o que se lles cedeu o pavillón polideportivo, antes de sair cara á Coruña.

A expedición foise encantada e esgotada tras as múltiples actividades realizadas, ademais o municipio pontés conseguiu sorprender satisfactoriamente aos seus visitantes.