[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

O Concello de As Pontes, a través da Concellería de Benestar Social e o Centro de Información á Muller e os Centros Educativos, desenvolveu neste último trimestre do ano o programa “.RECORDA: OS CELOS NON SON AMOR” para promoción dos valores da igualdade e a intelixencia emocional. Este programa estivo dirixido ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria e nace co obxectivo de sensibilizar e previr a violencia cara as mulleres, comezando así nas idades máis temperás.

Este luns 21 de decembro ás 18:00h na Casa Dopeso poremos o broche final a este programa. Convidámosvos a que asistades, para que o Día Internacional contra a violencia de xénero non se quede no 25 de novembro, e consigamos facer extensibles as mensaxes de rexeitamento desta lacra social todo o ano.

Queremos mostrarvos o resultado do proxecto desenvolto co alumnado de 6º de Educación Primaria para a sensibilización e prevención da violencia de xénero, e así poidades coñecer de primeira man os froitos do Concurso “(…) E decatouse de que os celos non son amor”; concurso do que se obtiveron uns excelentes traballos que seguro contribuirán na concienciación e sensibilización da poboación adolescente do noso concello.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]