As Pontes, 11 de xaneiro. ENDESA comunícanos “En cumprimento do art. 101.3 do RD 1955/2000 do 1 de decembro e con motivo de “Solicitude de traballos por terceiros” (Endesa Xeración Eléctrica) para mantemento das súas instalacións, a empresa Endesa Distribución Eléctrica, S. L., comunica a suspensión programada da subministración de enerxía eléctrica durante o día 12/01/2019 de 09:30 a 12:00 horas que afecta a 806 clientes situados no municipio de As Pontes de García Rodríguez, alimentados desde as instalacións que se relacionan a continuación:
  • C. T. TAJ CH Ribeira
  • C. T. 15001 (Barreiro 1)
  • C. T. 15002 (Barreiro 2)
  • C. T. 15003 (A Fraga)
  • C. T. 15005 (Muíño)
  • C. T. 15006 (Magdalena 1)
  • C. T. 15007 (Magdalena 2)
  • C. T. 15008 (Xeriátrico). (Instalarase Grupo Electrógeno para alimentación deste Centro de Transformación).

Este traballo programado está rexistrado no noso sistema coa referencia SGD 9472239. No caso de que os traballos terminasen antes da hora prevista renovarase o servizo sen previo aviso.