As Pontes, 2 de decembro| Continúa a formación na aula CeMIT da casa Dopeso co comezo de dúas novas actividades nesta primeira quincena de decembro.

“Ferramentas na nube” pretende dar unha aproximación ó uso das ferramentas de Google Drive. Con estas ferramentas poderemos almacenar arquivos, escribir textos ou crear unha folla de cálculo desde o noso navegador de Internet.

Horario: de 10:00 a 12:30h

Periodicidade: luns, martes, xoves e venres.

Contidos

1)Almacenamento de arquivos na nube

2)Google Calendar

3)Procesador de textos na nube

4)Folla de cálculo na nube

5)Presentacións na nube

6)Tarefas en grupos de traballo

O día 16 terá lugar “Deseña a túa postal e vídeo navideño para felicitar estas festas.” Se estas festas do Nadal queres ilusionar sorprendendo aos teus familiares e amigos, participa neste curso onde aprenderás a crear felicitacións dixitais.

Horario: 11:30 a 13:30h

Periodicidade: venres 16 de novembro

Duración: 2 horas

Contidos

1. Aplicacións gratuítas para deseñar postais do Nadal

2. Utilidades na internet para editar e incorporar elementos especiais ás túas fotografías

3. Como gravar e editar vídeos desde os teus dispositivos móbiles

4. Formas de compartir as túas creacións coa túa familia e amigos a través de Internet.

Esta charla retransmitirase a través de internet e está orientada a mayores de 40-45 anos, en colaboración coa Fundación Vodafone e Fegaus.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.