[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

As Pontes, 13 de Xaneiro de 2016. A Aula CeMIT dará comezo a semana próxima ó seu programa formativo para 2016.

Horario da Aula

Luns a xoves: 10:30 a 13:30 e 16:30 a 21:00

Venres: 09:00 a 14:00.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

Oferta formativa

Este mes de xaneiro a aula porá en marcha, durante o primeiro trimestre do ano, dous programas formativos que engloban varias actividades individuais:

O programa “Novas tecnoloxías para persoas maiores” incluirá a realización de 5 cursos de formación cunha duración total de 90h. Este programa márcase como obxectivo o achegamento das novas tecnoloxías ás persoas maiores. Comezará con iniciación á informática para seguir con uso de móbiles, mecanografía, redes sociais e comercio electrónico.

Á inscrición nestes cursos pode facerse nunha actividade individual ou en todo o programa.

O día 19 dará comezo, dentro de este mismo programa, o curso de “Iniciación á informática e Internet” en horario de 11:30 a 13:30, de luns a venres cunha duración total de 30 horas. Partindo dende cero instruirase o alumnado no uso básico do ordenador, a busca por Internet e o correo electrónico.

O programa “TIC para o comercio” englobará 4 actividades cunha duración total de 63 horas lectivas. O obxectivo é proporcionar formación útil para os traballadores do pequeno comercio. Para isto programáronse cursos de creación de carteis, folla de cálculo, procesador de texto e redes socias.

Este programa tamén comezará o día 19 co curso de “Creación de carteis” en horario de 20:00 a 21:30 de luns a xoves cun total de 15 horas. Nel aprenderemos a facer, de maneira sinxela, os nosos propios carteis facendo usos de aplicacións gratuítas á disposición de todos na Internet.

Dende Aula CeMIT das Pontes queremos instar a calquera que esté interesado en cursos relacionado cas novas tecnoloxías a que fagan suxerencias para a realización de novas actividades que sean do seu interés, xa sexa a traves do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.es ou achegándose persoalmente ata casa Dopeso.

Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información sobre eles poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]