As Pontes, 20 de decembro| Esta actividade consiste en aprender o uso da aplicación Scratch:
Scratch é unha aplicación destinada principalmente a nenos que permite explorar e experimentar cos conceptos de programación de ordenadores usando unha interface gráfica simple.
Esta ferramenta, cada vez máis usada nos colexios, pode axudar os nenos a mellorar o seu pensamento lóxico e matemático, xa que se necesita resolver os problemas de maneira metódica e ordenada. Tamén posibilita o aprendizaxe colaborativo a través do intercambio de coñecemento e desenrolase a capacidade para poñer en duda as ideas dun mesmo.
Todo isto a través dunha interface gráfica que nos permite dar liberdade á creatividade dos pequen@s, tendo a posibilidade de crear xogos, historias e animacións dunha maneira interactiva e divertida, empezando con traballos simples que se poden ir expandindo ata facelos máis complexos. En definitiva, pode dicirse que é, literalmente, aprender xogando.
A idade recomendada para a inscrición neste curso é de 8 a 12 anos.
Programación para nenos con Scratch |
|
Horario |
10:30 a 12 |
Periodicidade |
Luns, martes, xoves e venres |
Duración |
Do 26 ó 30 de decembro |
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.