As Pontes, 15 de novembro| As Pontes foi pioneiro en apostar por esta iniciativa que agora reedita e reafirma coa participación do acto desta xornada na capital galega, na que estiveron como representantes municipais Montserrat Garcái, Tenente de alcalde e Concelleira de Participación Cidadá e o Concelleiro José Alén.

A sinatura do Convenio de colaboura tivo lugar esta mesma mañá no Salón Nobre do Pazo Municipal, coa presenza de rexidores e representantes de 60 dos 75 concellos adheridos a esta campaña que xorde ó abeiro da efeméride do 25 N.

Montserrat García salientaba, logo de asinar o documento do protocolo que ” Esta campaña é unha mensaxe que envía a cidadanía, da que somos representantes, pero realmente a xente é a auténtica protagonista, como está a amosar coa implicación de todos os axentes sociais para rematar con esta lacra.

En As Pontes vemos cada día ese compromiso da poboación na implicación nas actividades e campañas que desenvolvemos regularmente, e sabemos que con esta campaña en negro, o noso pobo volverá erguer e voz contra a violencia machista.”

Coa campaña que vai tinguir de negro os escaparates, e fachadas de establecementos hostaleiros, comercios, ou empresas, visibilizarase o rexeite social á violencia contra as mulleres e a solidariedade para coas afectadas.

Ademais do comercio, en As Pontes, asociacións, Clubes deportivos, ANPAs e centros escolares respostaron masivamente ó chamamento do Concello para formar parte da campaña “As Pontes en Negro”.

Para facer ben facer visible a protesta contra esta lacra social empregaranse camisetas, manteis, mandís, lonas e outros distintivos que amosen a repulsa da sociedade fronte á violencia machista.

Ó redor da data do 25 de novembro celebraranse diferentes actividades nas que se concederá un papel preponderante á información e á formación, especialmente entre a mocidade.