As Pontes, 23 de marzo de 2022. As alcaldías dos concellos de Cabanas, Cedeira, Neda, Ortigueira, Valdoviño, Narón, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume e Ferrol, tras a reunión mantida no día de hoxe, 21 de marzo, acordamos de forma voluntaria a redución de servizos municipais vinculados ao transporte e o uso de maquinaria pesada, coma mostra de apoio, e trasladar a nosa solidariedade cos colectivos afectados pola subida dos prezos dos combustibles.

Acordamos tamén solicitar ás administracións competentes en transportes —Xunta de Galicia e Goberno central—, que abran as vías de diálogo necesarias que permitan solucionar o conflito existente e poidan garantir de xeito negociado o acceso da cidadanía aos servizos básicos.